Con motivo do 8 de marzo, na nósa aula decidimos render homenaxe ás mulleres galegas que están a cambiar o mundo, converténdoas en auténticas superheroinas.
En parella, investigamos sobre unha muller galega actual que destaca no seu ámbito: deporte, hostelaría, literatura, música... As súas historias servíronnos de inspiración para crear personaxes de cómic con superpoderes baseados no seu talento e cualidades.
Así naceron estas heroínas, capaces de transformar a sociedade co seu coñecemento, a súa creatividade, a súa forza... Obtivemos deportistas con habilidades sobrehumanas, lingüistas con voces tan potentes que poderían cambiar o mundo, escritoras capaces de recoller mundos fantásticos...
Esta actividade conectou co noso PDI sobre o cómic á vez que nos fixo reflexionar sobre a importancia de visibilizar a mulleres que fan historia hoxe en día. Porque a realidade está chea de superheroinas de carne e óso e é a elas ás que queremos dar o lugar que se merecen con motivo desta conmemoración.
Son nada máis e nada menos que a chef Lucía Freitas, a xornalista Esther Estévez, a futbolista Vero Boquete, a atleta Ana Peleteiro, o trío musical das Tanxugueiras, a cantante Luz Casal ou a escritora Ledicia Costas.
Aquí vos deixamos o resultado:
Comentarios
Publicar un comentario