Durante a mañá de hoxe, o alumnado do último ciclo de Educación Primaria realizamos unha saída cultural ao Museo do Humor de Fene, ubicado na Casa da Cultura da citada vila.
Unha vez alí, dividímonos en dous grupos para poder ver con máis profundidade as distintas salas do espazo. No nóso caso, comezamos pola biblioteca, onde recibimos diversas orientación sobre como funciona unha biblioteca e como se organizan os seus fondos. Tivemos tamén tempo para explorar libremente os exemplares, facendo especial fincapé na súa cómicteca.
A segunda parte destinouse propiamente a coñecer a zona adicada ao Museo do humor. O que primeiro nos atopamos foron os espellos cóncavos e convexos, que nos serviron de escusa para botarmos unhas cantas risas.
Unha vez dentro, puidemos coñecer máis en profundidade a figura clave á que se adica o museo, o ferrolán Xaquín Marín.
Logo pasamos a coñecer a súa ampla colección de caricaturas, viñetas e ilustracións humorísticas. A través das explicacións da responsable museo, aprendemos sobre a historia do humor gráfico en Galicia e a súa evolución ao longo dos anos. Ademáis das obras de Marín, tivemos a sorte de coñecer o traballo de grandes artistas galegos do humor, como Siro ou Davila.
Comentarios
Publicar un comentario