No marco do proxecto Colexio do Benquerer, de Meniños, continuamos traballando valores fundamentais para a convivencia, o respecto e a igualdade. Nesta ocasión, centramos a atención na diversidade afectivo-sexual e familiar, facendo unha actividade para visibilizar as diferentes realidades familiares que existen.
Exploramos as moitas formas que pode ter unha familia: con dúas nais, con dous pais, con só un proxenitor, con avós, con irmáns que veñen doutros lugares ou culturas... Destacanso sempre que o máis importante nunha familia é o amor, o coidado e o respecto entre as persoas que a forman.
Cada un de nós creou unha "casa da diversidade", onde puideron representar a súa familia ou unha imaxinaria, destacando que todas son igual de válidas e especiais.
Comentarios
Publicar un comentario