Este ano, para celebrar o Día do Libro, organizamos unha actividade moi especial que encheu o cole de historias. O alumnado dos cursos máis altos converteuse, por un intre, en padriños e madriñas lectoras. No caso da nosa aula, fixoo para os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil.
Durante os días previos, fixemos unha pequena investigación: que lles gusta aos máis pequenos? Que tipo de contos son axeitados para a súa idade? Con esa información, os maiores escolleron coidada e amorosamente un libro que encaixara cos intereses.
O día da actividade, as aulas enchéronse de parellas lectoras. Os maiores sentaron xunto aos pequenos para lles contar unha historia, poñendo voz, emoción e moito agarimo.
Sen dúbida, un Día do Libro moi chulo.
Comentarios
Publicar un comentario