Este xoves, o alumnado de 5º de Primaria participou nun obradoiro de cómic ambiental en colaboración coa Asociación da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Con él achegámonos a temas fundamentais como o coidado do medio ambiente, a protección da natureza e a importancia de vivir de maneira sostible.
Aprendemos aspectos básicos do cómic, que é o tema central do nóso centro, e abordamos o deseño de personaxes dun xeito sinxelo e lúdico. Ademáis, tamén reflexionamos sobre o medio, coñecemos os espazos que compoñen a Reserva da Biosfera e charlamos sobre os retos ambientais que nos afectan e como combatilos: o lixo, a contaminación, a perda de biodiversidade… .
Logo, cada un de nós creou o seu propio cómic ambiental, con personaxes que loitan por un mundo máis verde, limpo e xusto.
Comentarios
Publicar un comentario