Ao longo da sesión, Ana falounos sobre a tradición oral e musical das cantareiras, da súa importancia na conservación da cultura popular galega e das mulleres protagonistas desta homenaxe.
A actividade tivo tamén unha parte práctica e moi divertida: en pequenos grupos, o alumnado simulou o traballo das asociacións culturais que, durante décadas, percorreron aldeas recollendo cantigas tradicionais para evitar que se esquezan. Para facelo aínda máis real, Ana disfrazouse dunha señora da montaña ourensá e respondeu como se fose unha informante auténtica, compartindo cantigas e anécdotas.
Como broche final, ensinounos unha pequena cantiga que cantamos e acompañamos co son da pandeireta, guiados por ela.
Sen dúbida foi unha actividade xenial para conectar coas raíces da nosa lingua e da nosa música.
Comentarios
Publicar un comentario