"Cantaireando" polas Letras Galegas

Dentro das actividades programadas para celebrar o Día das Letras Galegas no noso centro, tivemos a oportunidade de participar hoxe no obradoiro "Cantaireando", organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e guiado pola escritora Andrea Barreira.

Esta actividade tan especial permitiunos achegarnos ao mundo da recollida oral, unha práctica fundamental para preservar a nosa tradición musical e literaria. Andrea explicounos en que consiste recoller cantigas populares: escoitar ás persoas maiores, gardar as súas palabras e melodías, e así manter viva a memoria colectiva do noso pobo.

A partir desa idea, comezamos a xogar con palabras, rimamos versos e experimentamos coa creación colectiva. Por grupos, fomos dando forma ás nosas propias cantigas: falando do que sentimos, do que vivimos... .

O resultado foron pequenas pezas cheas de creatividade, autenticidade e lingua galega. 





Grazas á AELG e a Andrea Barreira por traernos esta proposta tan inspiradora. 

Comentarios