O pasado 26 de abril, o noso alumnado participou nunha xornada moi especial polo Día da Educación Física na Rúa. Foi unha mañá chea de movemento, aprendizaxes e, sobre todo, moita colaboración.
Na primeira metade da mañá, reunímonos cos outros dous centros de educación primaria de Sada para compartir xogos e actividades físicas organizadas polos equipos docentes de cada colexio. As pistas enchéronse de risas, compañeirismo e deporte ao aire libre.
Na segunda parte da xornada, tivemos a sorte de contar coa colaboración de entidades como Enki, Aspace e a Escola de Baile Carmen López. A través das súas propostas, o alumnado vivenciou actividades inclusivas. Foi especialmente emotiva a participación en xogos adaptados e as coreografías conxuntas, onde todos e todas tivemos cabida.
Culminamos a mañá coa lectura dun manifesto a favor da importancia da actividade física na infancia.
Esta xornada foi un exemplo claro de como o deporte pode unir, educar e facer comunidade.
Grazas a todas as persoas e entidades que fixeron posible este día tan enriquecedor!
Comentarios
Publicar un comentario