Charla sobre acoso escolar e ciberacoso dentro do Plan Director



Dentro das accións do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos, o noso alumnado participou nunha charla sobre o acoso escolar e o ciberacoso.

Durante a charla, guiada por un profesional da Garda Civil, tratáronse temas como:

  • Que é realmente o acoso escolar e como se manifesta

  • A diferenza entre unha broma e unha situación de acoso

  • As consecuencias emocionais e sociais para quen sofre acoso

  • O papel das persoas observadoras

  • O impacto do ciberacoso nas redes sociais e nas aplicacións de mensaxería

  • Como actuar: a quen acudir, como denunciar e como axudar

Lembrade: todos temos un papel na construción dun centro onde se poida aprender, convivir e ser un mesmo/a con liberdade e respecto.


Comentarios