No noso camiño polo itinerario de Intelixencia Artificial dentro do programa Digicraft en tu cole, desenvolvimos dúas actividades moi entretidas que nos axudaron a entender como funciona unha máquina cando aprende con exemplos, igual que facemos nós!
A primeira actividade chamábase "¿De qué planeta eres?". Nela, tivemos que clasificar monstros segundo certas características (cor, forma, elemento, corpo...), simulando o proceso que segue unha intelixencia artificial para aprender a identificar cousas. Foi coma un xogo, pero con moito que pensar: aprendemos que para que unha máquina "entenda", antes temos que darlle moitos exemplos ben organizados.
Despois traballamos en "¿Es un pájaro? ¿Es un avión?", unha actividade que fixemos en dúas fases. Primeiro, nunha versión en papel, seguimos instrucións para debuxar e recoñecer debuxos, coma faría un sistema intelixente. Logo pasamos a usar a ferramenta Quick, Draw!, onde intentamos debuxar obxectos que a intelixencia artificial tiña que recoñecer. Descubrimos que, ás veces, os resultados eran sorprendentes... e que a máquina tamén se pode confundir!
Comentarios
Publicar un comentario