Este venres, con motivo da celebración das Letras Galegas, o noso centro viviu unha xornada moi especial co festival conxunto.
Para a nósa actuación elaboramos unha peza teatral curta titulada "Tintín, Tina e as Cantareiras". A historia comezaba coa chegada de Tintín e Tina á vila de Sada. A súa misión era clara: atopar as lendarias cantareiras, que levaban tempo ocultas e cuxas voces se botaban en falta. Polas rúas da vila, atopan pescadores, mariscadores, un panadeiro e varios veciños que, por desgraza, non lles ofrecen moitas pistas.
Mais a perseveranza tivo recompensa. Tras moitas voltas, descobren unhas novas cantareiras: mozas decididas, con voces firmes, que están a recuperar e reinventar a tradición. Ao ritmo de "Tataravoa" de Fillas de Cassandra, transmiten unha mensaxe clara: a lingua e a cultura galega seguen vivas, e teñen moito que dicir hoxe en día.
Un recordatorio para todas e todos de que manter viva a nosa identidade tamén é cousa das novas xeracións.
Lo hicieron genial!!!! Enhorabuena!!!
ResponderEliminar