Un agasallo con corazón - Día da Familia

 Recordades as nosas casas da diversidade?

Pois esta semana, na nósa aula quixemos aproveitalas para render unha pequena homenaxe ás persoas que nos acompañan no día a día e que forman parte do noso fogar —cada quen co seu modelo de familia, porque todas as familias contan!

Aproveitando que estamos a traballar a poesía como tipoloxía textual, cada un de nós elaborou un poema inspirado na nósa familia. Fixemos un proceso completo de creación: primeiro escribímola pensando no que sentimos, no que facemos xuntos e no que máis valoramos; despois revisámola, mellorámola e finalmente escribímola ben curiosiña.

Como quixemos ir un pouco máis alá: convertimos todo isto nun agasallo! Creamos tarxetas personalizadas con mensaxes de cariño e agradecemento e tamén aprendemos a envolver as caixas con papel, xa que nunca está de máis saber facer un bo envoltorio.

Agardamos que ao chegar ás casas, este agasallo tan especial fixera tanta ilusión como a que puxemos nós ao preparalo.



Comentarios

  1. Fue un hermoso regalo, ya lo tenemos expuesto en un mueble de la casa, es mejor que cualquier retrato

    ResponderEliminar

Publicar un comentario