Este luns, o alumnado de último ciclo tivo a oportunidade de participar nunha actividade de Educación Vial organizada en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, a través dun divertido circuito con karts. Puxemos en práctica diferentes normas de circulación e aprenderon o significado das sinais que atopamos cada día nas rúas.
A actividade desenvolveuse nun espazo habilitado con sinais, pasos de peóns, semáforos, rotondas e cruces, reproducindo un entorno urbano real.
Así, aprendemos a necesidade de manter unha actitude responsable e segura na vía pública, e tamén desenvolvemos valores como o respecto, a atención e a responsabilidade.
Sigamos aprendendo xuntos!



Comentarios
Publicar un comentario