Esta mañá tivemos unha visita moi especial na aula: a nai de Aine, Iria, uniuse á nósa clase para compartiu connosco unha proposta chea de diversión. Chegou cun taboleiro feito con moito agarimo en familia, onde incluía exemplos de probas e retos para facer en grupo.
Pero o mellor aínda estaba por chegar... Cada alumno e alumna tivo a oportunidade de deseñar a súa propia casilla, engadindo ideas orixinais con probas e preguntas. Así, entre todas e todos, construímos un xogo de mesa único e personalizado, no que combinamos coñecementos e habilidades.
Deste xeito, conseguimos un taboleiro con probas de todo tipo: preguntas para nomear plantas, animais, países, Pokémons, equipos de baloncesto... ; retos de mímica, tararear cancións ou representar películas; probas de habilidade física, como manter o equilibrio ou facer flexións, etc.
Organizámonos en 5 equipos (Verán, Vacacións, Dépor, Macacos e Dragóns) e cada grupo foi acumulando puntos a medida que superaban as probas.
Queremos dar as grazas de parte de todo o alumnado a Iria pola súa participación, dedicación e entusiasmo, e tamén a Aine por compartir con nós esta actividade tan divertida.
Grazas a propostas como esta, a nósa aula vólvese cada vez máis divertida!
Iriaaa, eres la mejor!!!!
ResponderEliminar