Este luns 9 de xuño, o noso alumnado participou nunha saída ao Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos, organizada dentro das actividades promovidas pola Asociación Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A xornada foi unha verdadeira experiencia artística nun espazo único, onde puidemos aprender de primeira man a técnica do gravado, unha das formas de expresión plástica fascinante. Tras unha breve introdución teórica, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de converterse en verdadeiros artistas: crearon as súas propias láminas empregando as ferramentas e procesos propios desta técnica.
Saímos do CIEC cunha experiencia inesquecible e unha bolsiña chea de creacións únicas que xa forman parte da nosa pequena colección de arte persoal.
Grazas ao CIEC pola acollida e á Asociación Reserva da Biosfera por facer posible esta actividade!
Comentarios
Publicar un comentario