Xornada de cohesión para clausurar o programa TEI

 Para pechar o curso, os alumnos de 5º e 3º viviron este xoves unha xornada especial de cohesión, dentro do programa TEI (Titoría entre Iguais)

A actividade comezou camiñando xuntos ata a praia, desfrutando do paseo e das conversacións entre os titores (5º) e os seus titorizados (3º). Unha vez alí, participaron en varios xogos cooperativos para fomentar a colaboración, o respecto e o traballo en equipo.

Para rematar, fixemos un intercambio de agasallos simbólicos como mostra da amizade creada ao longo do curso: os titorizados entregaron unha carta de agradecemento aos seus titores, e estes, un pequeno chaveiro elaborado coa cortadora láser de Polos Creativos.

 Ademais, aos titores de 5º recibiron un diploma de recoñecemento polo seu compromiso e dedicación no programa TEI.

Grazas a todos os participantes por facelo posible!
























Comentarios