DESCRIBINDO CON MARCOS

 O alumnado de 5ºA ten a sorte de contar ao longo deste primeiro trimestre con Marcos, mestre de prácticas que está a acompañarnos e aportar moito.

Todos e todas estamos felices de contar con él así que lle fixemos a proposta de impartir xunto coa nosa mestra Noelia as sesións de lingua galega cada 15 días. 

Hoxe foi a nosa primeira sesión con Marcos ao mando e non podemos dar máis que as GRAZAS.

Estivemos a traballar sobre a descrición:

1. Unha bolsa máxica chea de obxectos que debíamos describir sen mirar para que compañeiros/as adiviñasen de que se trataba.

2. Presentación interactiva sobre a estrutura desta tipoloxía textual.

3. Xogo word wall para comprobar o aprendido.


Seguiremos avanzando ata acadar as nosas propias descricións. 





Comentarios