Hoxe recibimos a especial visita de Lecturitas que viña cargado cun baúl mariñeiro cheo de sorpresas, agasallos, misterios e historias.
Coñecemos a unha crebeira moi especial e comprendemos que este curso imos a aprender sobre O Mar baixo o noso proxecto anual: MareSada.
Lecturitas retounos a invetigar sobre o Mar de Ardora e nós... xa estamos preparados, como podedes comprobar.

Xa temos creado o noso recuncho de consulta mariño e o noso mural de retos a conseguir e recompensar a obter.
Agardamos con ilusión averiguar as novas que Lecturitas ten preparadas. Este caderno de bitácora... Que pretenderá que fagamos con él? Polo momento, está a carón de Splah que é un bo protector.



Comentarios
Publicar un comentario