Hoxe foi unha xornada moi especial e temos que agradecerllo a María e Icía, nai e filla, que compartiron con nós un obradoiro fermoso e cheo de creatividade no marco do noso proxecto MareSada.
Os nenos e nenas de 5ºA puideron experimentar con pinturas en spray para crear un fondo mariño, ao que máis tarde, engadiron troqueles de animais acuáticos e algas.
Os resultados sen dúbida, pagaron a pena.




.jpeg)






Comentarios
Publicar un comentario